Todas as probas incluirán tanto
teoría como práctica. 1. Os estudantes poderán elixir
na primeira convocatoria entre os sistemas de avaliación continua
e global. a) A avaliación continua
consistirá na realización ao longo do curso de tres probas parciais. Nesta
modalidade non haberá exame final. Ao presentarse á segunda ou á terceira proba
parcial, o estudante confirma a elección deste sistema de avaliación, renunciando expresamente á global. Para superar a materia será
preciso obter un mínimo de 5/10 de media nas tres probas parciais cun mínimo dun 3/10 en cada unha delas. A
nota final dos estudantes que non superen a materia por parciais será a nota
media das probas ás que se presentaran, figurando como Suspenso. b) A avaliación global
consistirá unicamente dun exame final a realizar na data oficial sinalada
no calendario de exames. 2. Nas restantes
convocatorias (segunda e fin de carreira), unicamente será posible a
avaliación global. O calendario oficial de exames publícase na web da facultade (https://fccxxt.uvigo.es/) |