Haberá dúas modalidades de avaliación na convocatoria ordinaria: avaliación continua e avaliación global. A avaliación continua consiste na entrega dun traballo de investigación e dun caso práctico entre os propostos nos contidos. Cada un terá un peso do 30% na nota final, máis un exame escrito ao final do curso, cun peso do 40%. A avaliación global consistirá nun único exame escrito ao final do curso. Considerarase que un alumno optou pola avaliación global se non entrega a primeira das actividades propostas.A avaliación continua impide obter a cualificación final de non entregada. |