A materia pode ser superada coa nota máxima mediante
avaliación continua (AC) ou avaliación global (AG). Ambos os métodos de avaliación son
excluíntes. O/a estudante que asista a máis de 2 sesións de laboratorio
considéranse que optan pola avaliación continua. Con todo, aqueles/as que desexen renunciar á avaliación continua, poderán facelo nun prazo máximo dun mes antes da finalización do cuadrimestre. 1. Avaliación continua
O alumnado que opte pola modalidade de AC terá dúas oportunidades de avaliación, a oportunidade ordinaria ao
finalizar o cuadrimestre e a extraordinaria ao finalizar o curso (Xuño-Xullo). 1.1 Oportunidade ordinaria de AC: A oportunidade ordinaria consta dun conxunto de probas que se realizarán ao longo do cuadrimestre. As datas de todas as probas publicarase nun calendario compartido e estará dispoñible ao comezo do cuadrimestre. O peso e o contido das probas é o seguinte: - Exame de preguntas obxectivas e/ou exame de preguntas de desenvolvemento (NExam): - Esta proba cobre todos os contidos
impartidos nas sesións de teoría e/ou de prácticas. Consta de problemas e/ou preguntas curtos ou
de preguntas de múltiples respostas. - O/a estudante supera esta parte se
obtén unha nota NExam maior ou igual a 4 sobre 10.
- Resolución de problemas e/ou
exercicios (NExerc): - Consiste nun conxunto de problemas e/ou exercicios de deseño que
se indican nas sesións de teoría e que o alumnado debe entregar en
determinadas datas previamente estipuladas. - Estas actividades realízanse en horas de traballo autónomo.
- Prácticas de laboratorio (NPrac):
- O
estudantado debe implementar de forma correcta os circuítos descritos nos
guións das prácticas e entregar un informe de resultados correspondente a
cada práctica. A cualificación de cada práctica depende destes resultados.
- Pode ser
realizado de forma individual ou por grupos de 2 estudantes. Neste último
caso, e se ambos asisten á práctica, a cualificación é a mesma para os 2
estudantes. - As prácticas teñen carácter obrigatorio. O estudantado debe asistir, polo menos, a 4 das 5 sesións de prácticas (80% de asistencia obrigatoria).
- Proxecto (NPro):
- Este proxecto realizarase de forma autónoma polo estudantado con tutorización do profesorado responsable nas horas tipo C.
Cualificación final de avaliación continua (Final_AC):
A cualificación final da AC ordinaria obtense
da seguinte forma:
Final_AC = (NExam*0.4 + NExerc*0.1 +
NPrac*0.25 + NPro*0.25) se NExam e maior ou igual a 4;
Final_AC = min[(NExam*0.4 + NExerc*0.1 +
NPrac*0.25 + NPro*0.25), 4.9] noutro caso; 1.2 Oportunidade extraordinaria de avaliación continua:
O estudantado que non supere unha ou máis das probas
da avaliación continua na oportunidade ordinaria poden recuperar as seguintes
partes na oportunidade extraordinaria:
- Pode
completar o seu proxecto e esta nota substitúe á anterior (NPro).
- Pode
realizar o exame teórico e esta nota substitúe á anterior ( NExam). - Pode realizar os problemas e/ou exercicios de deseño e esta nota substitúe á anterior (NExerc).
A cualificación final da AC extraordinaria obtense de igual forma que a ordinaria. 2. Avaliación global (AG)
Do mesmo xeito que a avaliación continua, o alumnado que opte por avaliación única terán dúas oportunidades de avaliación, ordinaria e extraordinaria. En ambos os casos constará das
seguintes probas:
- Un exame
no que se avalían todos os contidos teóricos da materia. Consiste en
varios problemas curtos e/ou preguntas de desenvolvemento e dura 2 horas.
Para superar o exame é necesario obter un 4 sobre 10. Esta proba
representa o 40% da nota final (NExam).
- Un exame
práctico de deseño de sistemas cun grao de complexidade similar ao das
prácticas de laboratorio realizadas durante o curso. A duración do exame será
de 2 horas. O peso desta avaliación representa o 20% da nota final
(Nprac).
- Un
proxecto individual cos mesmos obxectivos e complexidade que o proxecto
realizado na avaliación continua. Este proxecto representa o 40% da nota
final (NPro) e é necesario obter unha nota maior que 4 sobre 10 para
superar a materia.
Calificación final de avaliación global (Final_AG):
A nota final (Final_AG) obtense da seguinte maneira:
Final_AG = (NExam*0.4 + NPrac*0.2 + NPro*0.4) se NExam
e NPro son maiores ou iguais a 4;
Final_AG = min[(NExam*0.4 + NPrac*0.2 + NPro*0.4), 4.9]
noutro caso; 3. Outros comentarios
- O
estudantado poderá redactar os seus informes, traballos, exames ou
presentacións en castelán, galego ou inglés.
- As notas
obtidas na avaliación continua ou global só son válidas para o
curso académico actual.
- Non se
permite o uso de libros, notas ou dispositivos electrónicos como teléfonos
ou computadores en ningún exame. Os teléfonos móbiles deben apagarse e
estar fora do alcance do alumno.
- En caso de
detección de plaxio nalgún dos traballos/probas realizadas a cualificación
final da materia será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á
dirección do Centro para os efectos oportunos. |