En caso de detección de copia en calquera das probas, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. Na realización do TFG permítese o uso de intelixencia artificial xerativa (IAX). O seu uso débese realizar de forma ética, crítica e responsable. No caso de utilizar IAX, débese avaliar de forma crítica calquera resultado que proporcione, e verificar de forma coidadosa calquera cita ou referencia xerada. Así mesmo, é obrigatorio declarar o uso das ferramentas utilizadas. Toda a información relacionada co TFG pódese consultar na web da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, na seguinte ligazón: https://teleco.uvigo.es/estudos/organizacion-academica/tfg-tfm/ |