Lección maxistral |
Exposición por parte do profesor dos conceptos principais de cada tema. Durante os 5 minutos previos á sesión maxistral, un alumno fará un resumo dos conceptos principais expostos na anterior sesión. Os alumnos participarán contestando a preguntas que o profesor realizará durante a explicación e realizando exercicios. Traballo persoal posterior do alumno repasando os conceptos vistos no aula e ampliando os contidos tomando como referencia a guía de cada tema. Identificación de dúbidas que requiran ser resoltas en tutorías personalizadas.
Con esta metodoloxía traballánse as competencias C48, B3 e D3. |
Resolución de problemas |
Formúlanse problemas e/ou exercicios relacionados cos contidos expostos nas sesións maxistrais e cos referenciados na guía de cada tema. Os alumnos resolven os problemas e/ou exercicios previamente á clase de resolución, na cal, un ou varios alumnos explicarán o proceso de resolución na pizarra. Identificación de dúbidas que requiran ser resoltas en tutorías personalizadas.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias C49, B4 e D2. |
Foros de discusión |
A web da materia está accesible a través da plataforma de teledocencia Moovi (https://moovi.uvigo.gal/). A suscripción a esta plataforma, incluíndo unha fotografía é de carácter obrigatorio. Na web, está dispoñible toda a información relacionada coa materia; publícanse as notas da avaliación continua e créanse foros para que os alumnos intercambien ideas e comenten dúbidas sobre a materia.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias C48, C49, B3, B4 , D2 e D3. |