ECa. Proba individual na que o alumnado debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados
15
B3
C1 C3
D3
Estudo de casos
ECb. Proba individual para avaliación das competencias que inclúe a formulación dun caso práctico. O alumnado desenvolve a análise da situación coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución.
35
B3
C1 C3
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios
ECc. Proba individual na que o alumnado debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados
15
B3
C1 C3
D3
Estudo de casos
ECd. Proba individual para avaliación das competencias que inclúe a formulación dun caso práctico. O alumnado desenvolve a análise da situación coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución.
35
B3
C1 C3
D3
Outros comentarios sobre a Avaliación
Seguindo as directrices propias da titulaciónofrecerase ao alumnado que curse esta materia dous sistemas de avaliación:avaliación continua e avaliación global ao final do cuadrimestre.
En todas as probas de avaliación da asignatura avaliaranse as competencias B3, C1, C3 e D3.
1. AVALIACIÓN CONTINUA.
O sistema de avaliación continua consistirá (en orde cronolóxica) en:
a) Resolución de problemas entregables ou en clase práctica. A puntuación será ECa, que poderá valer ata 1.5 puntos. Requerirase acadar o 40% do máximo para que esta prueba teña repercusión na nota final.
b) Unha sesión de resolución deproblemas/cuestións sobre os temas 1, 2 e 3. A puntuación será ECb, cumpríndoseque o subtotal EC1=ECa+ECb poida ter un valor máximo de 5 puntos.
c) Resolución de problemas entregables ou en clase práctica. A puntuación será ECc, que poderá valer ata 1.5 puntos. Requerirase acadar o 40% do máximo para que esta prueba teña repercusión na nota final.
d) Unha sesión de resolución de problemas/cuestiónssobre os temas 4, 5 e 6. A puntuación será ECd, cumpríndose que o subtotal EC2=ECc+ECdpoida ter un valor máximo de 5 puntos.
A puntuación final da oportunidade ordinaria para o alumnado que segue avaliación continua ( EC) obtense sumando os dous subtotais anteriores: EC= EC1+ EC2, agás que algún dos dous subtotais sexa inferior a 1.5 (30% do máximo), nese caso a nota final estará limitada como máximo con "Suspenso (4.9)".
A planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Grao ( CAG) e estará dispoñible ao principio do cuadrimestre
Antes da realización ou entrega de cada proba indicarase a data e procedemento de revisión das cualificacións obtidas, que serán públicas nun prazo razoable de tempo.
As probas de avaliación continua non son recuperables, é dicir, se non poden cumprirse no prazo estipulado, o profesorado non ten obriga de repetirllas.
A cualificación obtida nas probas de avaliación continua (EC1 e EC2) serán válidas tan só para o curso académico no que se realicen.
Entenderase que o alumnado se acolle a este sistema se se presenta a facer a proba "ECb" de avaliación continua.
2. AVAILACIÓN GLOBAL DE FINAL DE CUADRIMESTRE.
Será obrigatoria para o alumnado que non segue avaliación continua para poder aprobar a materia en oportunidade ordinaria.
Consistirá nunha sesión de resolución de problemas/cuestiones sobre os temas 1 a 6. A puntuación será EF, e terá o mesmo requisito de alcanzar o 30% do máximo posible en cada unha das dúas partes correspondentes aos temas 1 a 3 (parte 1) e 4 a 6 (parte 2).
3. AVALIACIÓN NA OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA.
Alumnado que seguiu a avaliación continua:
O examen de oportunidade extraordinaria estará dividido en dúas partes: EX1 (temas 1 a 3) cun valor máximo de 5 puntos, e EX2 (temas 4 a 6) cun valor máximo de 5 puntos.
O alumnado que seguiu a avaliación continua escollerá se facer: sólo EX1, sólo EX2 ou ambas partes. A súa nota final será: EF = max(EX1, EC1) + max(EX2, EC2).
Alumnado que non seguiu a avaliación continua. Consiste nunha avaliación única co mesmo formato que a de primeira oportunidade (unha sesión de resolución de problemas/cuestiones sobre os temas 1 a 6). A puntuación será EF, e terá o mesmo requisito de alcanzar o 30% do máximo posible en cada unha das dúas partes correspondentes aos temas 1 a 3 (parte 1) e 4 a 6 (parte 2).
4. CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA
Terá o mesmo formato que avaliación global de final de cuadrimestre.
5. OBSERVACIÓNS:
Considérase presentado a quen escolleu avaliación continua ou se presentou a calquera dos dous exames únicos finais de oportunidade ordinaria ou extraordinaria.
Considérase que a materia está aprobada se a nota final é igual ou superior a 5 e en cada parte alcánzase polo menos o 30% do máximo posible. Se algún dos dous subtotais é inferior ao 30% do máximo, a nota final estará limitada como máximo con "Suspenso (4.9)".
Os sistemas de avaliación non indican que sexa obrigatoria a asistencia a prácticas nin facer entregas, salvo as das probas puntuables descritas.
En caso de detección de plaxio en calquera das probas, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.
Na realización das actividades académicas desta materia permítese o uso de intelixencia artificial xenerativa (IAG). O seu uso debe realizarse de forma ética, crítica e responsable. No caso de utilizar IAG,
debe avaliarse de forma crítica calquera resultado que proporcione, e
verificar de forma coidadosa calquera cita ou referencia xerada. Así
mesmo, recoméndase declarar o uso das ferramentas utilizadas.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000