No caso de que a situación sanitaria provocada polo COVID-19 requira un escenario de docencia non presencial, as adaptacións que se levarían a cabo nesta materia serían as seguintes:
* Clases de teoría:
As clases de teoría levaríanse a cabo de maneira non presencial (online) utilizando os recursos e aplicacións dispoñibles que se considerasen máis adecuados (Moovi, Campus remoto, Vídeos de presentacións con audio, etc.).
* Clases prácticas:
Suspenderíanse as prácticas de montaxe e só se realizarían as de simulación de forma remota.
* Exames:
Realizaríanse de forma non presencial (online) mediante o uso de Moovi e Campus Remoto. |