Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Física: Fundamentos de electrónica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba que se realizará na aula ao longo do curso e que avaliarán os coñecementos do alumnado sobre os conceptos teóricos e as súas competencias para resolver problemas e/ou exercicios sobre o 1º bloque dos contidos da materia.
Esta proba poderá ser tipo test e/ou cuestións e/ou exercicios.
20 C4
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba que se realizará na aula ao longo do curso e que avaliarán os coñecementos do alumnado sobre os conceptos teóricos e as súas competencias para resolver problemas e/ou exercicios sobre o 2º bloque dos contidos da materia.
Esta proba poderá ser tipo test e/ou cuestións e/ou exercicios.
20 C4
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba que se realizará na aula ao longo do curso e que avaliarán os coñecementos do alumnado sobre os conceptos teóricos e as súas competencias para resolver problemas e/ou exercicios sobre o 3º bloque dos contidos da materia.
Esta proba poderá ser tipo test e/ou cuestións e/ou exercicios.
20 C4
Práctica de laboratorio Proba que se realizará no laboratorio ao longo do curso sobre o manexo da instrumentación, montaxe de circuítos electrónicos e simulación. Avaliaranse as competencias adquiridas polo alumnado sobre os contidos das prácticas de laboratorio da materia. 17.5 B13
C4
Práctica de laboratorio Proba que se realizará no laboratorio ao longo do curso sobre o manexo da instrumentación, montaxe de circuítos electrónicos e simulación. Avaliaranse as competencias adquiridas polo alumnado sobre os contidos das prácticas de laboratorio da materia. 17.5 B13
C4
Autoavaliación Técnicas destinadas a recompilar datos sobre a participación do alumnado nas tarefas de autoavaliación propostas. 5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Oportunidade ordinaria (avaliación continua)

Seguindo as directrices propias da titulación e os acordos da comisión académica ofrecerase ao alumnado que curse esta materia un sistema de avaliación continua. Quen se presente a algunha das probas de resolución de problemas e/ou exercicios ou de prácticas de laboratorio considerarase que opta pola avaliación continua. Quen non se presente a ningunhas desas probas considerarase que renuncia á avaliación continua e poderá presentarse á avaliación global. Os estudantes que seguiran a avaliación continua e non aproben a materia poden presentarse á avaliación global. Quen non siga a avaliación continua e non se presente á avaliación global terá a consideración de "non presentado".

1.a Probas de autoavaliación

O profesorado avaliará a realización das tarefas de autoavaliación propostas, obtendo o alumnado unha valoración de 0 a 10 (AE).

A nota final das probas de autoavaliación (NAE) será:

NAE = 0,05*AE

1.b Teoría

Realizaranse 3 probas teóricas (test e/ou cuestións e/ou exercicios) debidamente programadas ao longo do curso (PT1, PT2 e PT3). O calendario destas probas será aprobado na CAG e publicarase ó principio do cuadrimestre de impartición da materia. A PT1 será sobre os temas 1 e 2 (bloque 1), a PT2 sobre os temas 3, 4 e 5 (bloque 2) e a PT3 sobre os temas 6, 7 e 8 (bloque 3). Estas probas avaliaranse de 0 a 10 e a nota final será a media (NPT -> Nota Proba Teórica):

NPT = (NPT1 + NPT2 + NPT3)/3

Para aprobar a materia é necesario obter un mínimo de 3 puntos en cada unha destas probas (NPT1 >= 3, NPT2 >= 3 e NPT3 >= 3).

A nota final de teoría (NT) será:

NT = 0,6*NPT

As probas non son recuperables, é dicir, que se alguén non pode asistir o día en que estean programadas o profesorado non ten obrigación de repetilas. A nota das probas ás que falte será de 0.

1.c Práctica

a asistencia a las clases prácticas no es obligatoria.

Realizaranse 2 probas prácticas debidamente programadas ao longo do curso. O calendario destas probas será aprobado na CAG e publicarase ó principio do cuadrimestre de impartición da materia. Estas probas avaliaranse de 0 a 10 e a nota final das prácticas (NP) será:

NP = 0,35*[(NP1 + NP2)/2]

As probas prácticas non son recuperables, é dicir, que se alguén non pode asistir o día en que estean programadas o profesorado non ten obrigación de repetilas. A nota das probas ás que falte será de 0.

1.d Nota final da materia

Para poder aprobar a materia débese obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 en teoría (NT >= 2,4) e en prácticas (NP >= 1,4). Tamén é necesario obter un mínimo de 3 puntos sobre 10 en cada unha das 3 probas teóricas (NPT1 >= 3, NPT2 >= 3 e NPT3 >= 3).

A nota final (NF) será:

Si NT >= 2,4 e NP >= 1,4 e NPT1 >= 3 e NPT2 >= 3 e NPT3 >= 3 => NF = NAE + NT + NP

Si NT < 2,4 ou NP < 1,4 ou NPT1 < 3 ou NPT2 < 3 ou NPT3 < 3 => NF = min {4,5; NAE + NT + NP}

2. Oportunidade ordinaria (avaliación global)

Quen non opte pola avaliación continua ou saque unha nota final menor que o 5 (suspenso) na avaliación continua, poderá presentarse a un exame final.

O exame final terá unha parte teórica e outra práctica. A parte teórica realizarase nas datas que estableza a xefatura de estudos da Escola e consistirá nunha proba que poderá ter preguntas tipo test e/ou cuestións e/ou resolución de problemas e/ou exercicios. Esta proba teórica dividirase en 3 partes, unha por cada bloque especificado no apartado 1.b. Cada parte avaliarase de 0 a 10 e a nota final de teoría (NT) será a nota media multiplicada por 0,6. Para aprobar a materia é necesario obter un mínimo de 3 puntos en cada unha das partes (NPT1 >= 3, NPT2 >= 3 e NPT3 >= 3) e un mínimo de 4 puntos sobre 10 en teoría (NT >= 2,4).

O exame práctico realizarase no laboratorio correspondente, onde se impartiron as clases de prácticas, nas datas que estableza a xefatura de estudos da Escola e consistirá nunha proba práctica que se avaliará de 0 a 10 e a nota final de prácticas (NP) será a nota da proba multiplicada por 0,4. Para poder aprobar a materia débese obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 no exame práctico (NP >= 1,6).

Por motivos de organización dos grupos de exame, o profesorado da materia abrirá un prazo para que o alumnado que se queira presentar ao exame final se inscriba. Só poderán presentarse ao exame final quen se inscribiu en tempo e forma de acordo ás normas indicadas polo profesorado.

Os alumnado que optara pola avaliación continua e suspendera e se presente ao exame final, pode facelo só á parte teórica ou á práctica ou ás dúas. Conservaráselles a nota que saquen na avaliación continua da parte á que non se presenten sempre e cando obtivesen os mínimos marcados no proceso de avaliación continua. Quen se presente á parte teórica poderá realizar os bloques que considere oportunos. Conservaráselles a nota de avaliación continua (NPT1, NPT2 e NPT3) dos bloques que non fagan. Se non se presentan á parte práctica, recalcularase a nota de prácticas (NP) da avaliación continua multiplicando por 0,4 en vez de por 0,35.

A nota final da materia será:

Si NT >= 2,4 e NP >= 1,6 e NPT1 >= 3 e NPT2 >= 3 e NPT3 >= 3 => NF = NT + NP

Si NT < 2,4 ou NP < 1,6 ou NPT1 < 3 ou NPT2 < 3 ou NPT3 < 3 => NF = min {4,5; NT + NP}

3. Oportunidade extraordinaria

Constará dunha parte teórica e outra práctica co mesmo formato que a avaliación global.

O alumnado que se presente a esta oportunidade pode facelo só á parte teórica ou á práctica ou ás dúas. Conservaráselles a nota que saquen na convocatoria ordinaria (avaliación continua ou global). Quen se presente á parte teórica poderá realizar os bloques que considere oportunos. Conservaráselles a nota da convocatoria ordinaria (avaliación continua ou global) dos bloques que non fagan. O cálculo da nota final desta oportunidade realizarase como se explica no apartado 2.

A nota final da materia será a mellor da obtida na oportunidade ordinaria e extraordinaria.

Por motivos de organización dos grupos de exame, o profesorado da materia abrirá un prazo para que quen se queira presentar á oportunidade extraordinaria se inscriba. Só poderá presentarse á oportunidade extraordinaria quen se inscribiu en tempo e forma de acordo ás normas indicadas polo profesorado.

4. Convocatoria de fin de carreira

Esta convocatoria será idéntica á convocatoria de oportunidade extraordinaria.

5. Validez das cualificacións

As cualificacións das partes teórica e práctica da materia serán válidas só para o curso académico nas que se obteñen.

No caso de detección de plaxio en calquera das probas, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e este feito será comunicado á dirección dol Centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000