Lección maxistral |
Presentación por parte do profesorado do temario da materia.
Estas sesións poderán incluir a realización de traballos e a realización de programas por parte do alumnado.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CE12 e CT2. |
Prácticas de laboratorio |
Ao longo da primeira parte do cuadrimestre, os/as estudantes codificarán, desenvolverán e documentarán sinxelos programas, guiados polo profesorado.
No laboratorio traballarase co sistema operativo Ubuntu Linux, e empregarase o compilador gcc.
Nalgunhas prácticas poderase pedir a entrega de informes para a súa avaliación.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CG4, CG9, CE6, CE12, CT2 e CT4. |