Seguindo as directrices propias da titulación ofreceranse dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación global. 1. Avaliación continua A avaliación continua consta das tres sesións que figuran nesta guía e do exame final. As sesións non son recuperables, é dicir, se o/a estudante non se pode presentar para realizalas no día estipulado polo profesorado, este non ten obrigación de repetirllas. A nota final dun/dunha estudante que faga avaliación continua obterase mediante a fórmula N = C + E C : Nota, entre 0 e 6, obtida como a suma das notas das sesións dunha hora. E : Nota, entre 0 e 4, obtida no exame final sobre os temas 5 e 6 da materia. Nesta modalidade, o/a estudante estará aprobado cando N sexa maior ou igual que 5. A cualificación obtida nas tarefas avaliables será válida tan só para o curso académico no que se realicen. O día do exame final de fin de cuadrimestre, o alumnado poderá optar por abandonar as súas notas dos puntuables de avaliación continua e facer o exame de avaliación global. 2. Avaliación global e convocatoria de fin de carreira Aqueles/as que non sigan a avaliación continua poderanse presentar a un exame final, que non será necesariamente o mesmo que o da avaliación continua, sobre todos os temas da materia. Neste caso, o exame será avaliado entre 0 e 10 puntos e o/a estudante estará aprobado/a cando a nota do seu exame sexa maior ou igual que 5. 3. Oportunidade extraordinaria O día do exame de recuperación, os/as estudantes que elixiron avaliación continua, poderán optar, se o desexan, a un exame onde a nota se obteña como NR= C + D C : Nota, entre 0 e 6, obtida como a suma das notas das sesións dunha hora. D : Nota, entre 0 e 4, obtida nun exame sobre os temas 5 e 6 da materia. Nesta modalidade o/a estudante estará aprobado cando NR sexa maior ou igual que 5 . En caso de non elixir esta opción, ou de non poder facelo por non seguir a avaliación continua, o exame de recuperación será sobre todos os contidos da materia, non será necesariamente o mesmo que o da avaliación continua e será puntuado entre 0 e 10. O/a estudante estará aprobado/a cando a nota do seu exame sexa maior ou igual que 5. 4. Nota de Non Presentado O/a estudante considerarase Non presentado/a se non asistiu a probas de avaliación continua e non se presentou a ningún dos exames finais (o de fin de cuadrimestre e o de recuperación). 5. Código ético En caso de detección de copia ou utilización de aparellos electrónicos non autorizados nalgunha das probas a cualificación será de 0 puntos en dita proba. Ademais, o profesorado informará da incidencia á dirección da Escola para que tome as medidas que considere oportunas. |