Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Matemáticas: Cálculo I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Primeira sesión (parcial; 1 hora): Tema 1.

10 B3
B4
C1
Resolución de problemas e/ou exercicios Segunda sesión (parcial; 1 hora): Temas 2 e 3.
20 B3
B4
C1
Resolución de problemas e/ou exercicios Terceira sesión (parcial; 1 hora): Temas 4 e 5. 30 B3
B4
C1
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizarase de forma individual un exame final sobre os temas 5 e 6 da materia. 40 B4
C1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación ofreceranse dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación global.

1. Avaliación continua

Considerase que o/a estudante optou por avaliación continua cando se presenta á segunda Segunda Sesión da avaliación continua (Temas 2 e 3). Unha vez feito isto, non poderá cambiar a opción de avaliación. A avaliación continua consta das tres sesións que figuran nesta guía e do exame final. As sesións non son recuperables, é dicir, se o/a estudante non se pode presentar para realizalas no día estipulado polo profesorado, este non ten obrigación de repetirllas.

A nota final dun/dunha estudante que faga avaliación continua obterase mediante a fórmula

N = C + E

C: Nota, entre 0 e 6, obtida como a suma das notas das sesións dunha hora.

E: Nota, entre 0 e 4, obtida no exame final sobre os temas 5 e 6 da materia.

Nesta modalidade, o/a estudante estará aprobado cando  N sexa maior ou igual que 5.

A cualificación obtida nas tarefas avaliables será válida tan só para o curso académico no que se realicen.

2. Avaliación global e convocatoria de fin de carreira

Aqueles/as  que non sigan a avaliación continua poderanse presentar a un exame final, que non será necesariamente o mesmo que o da avaliación continua, sobre todos os temas da materia. Neste caso, o exame será avaliado entre 0 e 10 puntos e o/a estudante estará aprobado/a cando a nota do seu exame sexa maior ou igual que 5.

3. Oportunidade extraordinaria

O día do exame de recuperación, os/as estudantes que elixiron avaliación continua, poderán optar, se o desexan, a un exame onde a nota se obteña como

NR= C +  D

C: Nota, entre 0 e 6, obtida como a suma das notas das sesións dunha hora.

D: Nota, entre 0 e 4, obtida nun exame sobre os temas 5 e 6 da materia.

Nesta modalidade o/a estudante estará aprobado cando NR sexa maior ou igual que 5 .

En caso de non elixir esta opción, ou de non poder facelo por non seguir a avaliación continua, o exame de recuperación será sobre todos os contidos da materia, non será necesariamente o mesmo que o da avaliación continua e será puntuado entre 0 e 10. O/a estudante estará aprobado/a cando a nota do seu exame sexa maior ou igual que 5.

4. Nota de Non Presentado

O/a estudante considerarase Non presentado/a se non se apuntou á avaliación continua e non se presentou a ningún dos exames finais (o de fin de cuadrimestre e o de recuperación).

5. Código ético

En caso de detección de copia ou utilización de aparellos electrónicos non autorizados nalgunha das probas a cualificación será de 0 puntos en dita proba. Ademais, o profesorado informará da incidencia á dirección da Escola para que tome as medidas que considere oportunas.

6. English Friendly

Materia do programa English Friendly. Os /as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000