Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Fabricación Aditiva
 Materias
  Aplicacións en Enxeñería biomédica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias O profesorado realiza a presentación do curso: contidos, organización, metodoloxías empregadas, cronograma e sistema de avaliación.
Realízase a descrición dos proxectos a desenvolver polo alumnado, así como as condicións de realización.
Explícase o sistema de titorías e apoio de que dispón o alumnado.
Lección maxistral O profesorado presentará e explicará os contidos fundamentais da materia, fomentando a
participación activa do alumnado. O material empregado nas presentacións estará a disposición
do alumnado con anterioridade na plataforma Moovi. Poderán realizarse actividades manipulativas
na aula
Prácticas con apoio das TIC Desenvolveranse en aula informática. Prácticas nas que o profesorado guía ao alumnado na
utilización das plataformas e programas de deseño, modelado e simulación, así como o programa CESEDUPACK para a selección de materiais.
Prácticas de laboratorio Actividades de aplicación práctica dos coñecementos adquiridos nas sesións teóricas. Desenvólvense en laboratorio con equipamento especializado e de acordo coas normas aplicables.
Nestas actividades, o profesorado guiará ao alumno na utilización dos equipos e das técnicas que deberá utilizar no desenvolvemento do proxecto, como as tecnoloxías de FA, as de
mecanizado e metroloxía; caracterización mecánica, térmica e microestructural
Traballo tutelado Este traballo tutelado ou proxecto supón a aplicación directa dos coñecementos adquiridos e permitirá o desenvolvemento das necesarias habilidades prácticas de integración.
O profesorado proporá diversos produtos biomédicos sinxelos para que os/os alumnos/alumnas (de forma individual ou por grupos reducidos, dependendo do número) leven a cabo o proceso completo de análise de requisitos, deseño, selección de material, fabricación e caracterización. Para iso, o alumnado contará cos medios do centro e o apoio do profesorado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000