Actividades introdutorias |
O profesorado realiza a presentación do curso: contidos, organización, metodoloxías empregadas, cronograma e sistema de avaliación.
Realízase a descrición dos proxectos a desenvolver polo alumnado, así como as condicións de realización.
Explícase o sistema de titorías e apoio de que dispón o alumnado. |
Lección maxistral |
O profesorado presentará e explicará os contidos fundamentais da materia, fomentando a
participación activa do alumnado. O material empregado nas presentacións estará a disposición
do alumnado con anterioridade na plataforma Moovi. Poderán realizarse actividades manipulativas
na aula |
Prácticas de laboratorio |
Actividades de aplicación práctica dos coñecementos adquiridos nas sesións teóricas. Desenvólvense en laboratorio con equipamento especializado e de acordo coas normas aplicables.
Nestas actividades, o profesorado guiará ao alumno na utilización dos equipos e das técnicas que deberá utilizar no desenvolvemento do proxecto, como as tecnoloxías de FA, as de
mecanizado e metroloxía; caracterización mecánica, térmica e microestructural |
Traballo tutelado |
Este traballo tutelado ou proxecto supón a aplicación directa dos coñecementos adquiridos e permitirá o desenvolvemento das necesarias habilidades prácticas de integración.
O profesorado proporá diversos produtos biomédicos sinxelos para que os/os alumnos/alumnas (de forma individual ou por grupos reducidos, dependendo do número) leven a cabo o proceso completo de análise de requisitos, deseño, selección de material, fabricación e caracterización. Para iso, o alumnado contará cos medios do centro e o apoio do profesorado. |