No marco das "Prácticas de laboratorio" poderanse incluir aspectos tales coma a asistencia a clase, traballo persoal, actitude, etc., para axudar á obtención do aprobado. Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, serán evaluados da mesma forma, permitindo unha semana máis de marxe nas entregas de tarefas. Para a segunda oportunidade non haberá un segundo plazo de entrega de traballos, e a evaluación relativa a "Obradoiro" e "Prácticas de laboratorio" incluirase na "Proba mixta". Os criterios de avaliación da convocatoria adiantada de decembro serán iguais ós da segunda oportunidade do curso anterior. Poderanse expor actividades adicionais, de carácter voluntario, que complementen a cualificación calculada en base aos criterios expresados anteriormente. |