Traballo tutelado |
Traballo realizado en equipo pero avaliado individualmente (integrando o desenvolvemento de cuestións e a resolución de problemas/exercicios correspondentes). Cada equipo de estudantes desenvolverá un problema proposto polo profesor e que integrará tanto os aspectos teóricos como prácticos relacionados coa asignatura. |
40 |
A5
|
B3
|
|
|
A materia considerarase superada cando a cualificación final do alumno supere 5,0. Primeira Convocatoria ou Edición - Modalidade de Avaliación Continua: A nota final da materia combinará as cualificacións dos boletíns problemas/cuestións propostos para resolver de forma autónoma (20%), as probas de seguimento corrrespondentes a exercicios/test conceptuais (40%), e o traballo proposto (40%), tutelado e desenvolvido ao longo do curso. En calquera caso é necesario obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 puntos en cada un dos boletíns de problemas/cuestións propostas, así como nas probas de seguemento ou no traballo tutelado proposto.
- Modalidade de Avaliación non Continua: Establécese un prazo de dúas semanas desde o inicio do curso para que o alumnado xustifique de forma documental a súa imposibilidade para seguir o proceso de avaliación continua.O alumno que renuncie á avaliación continua realizará un exame final que abarcará a totalidade dos contidos da materia, tanto teóricos como prácticos, e que poderá incluír preguntas tipo test, preguntas de razoamento ou desenrolo, resolución de problemas ou o desenrolo dun caso práctico. A cualificación do exame será o 100% da nota final. Esíxese alcanzar unha cualificación mínima de 5,0 puntos sobre 10,0 posibles para poder superar a materia. Este exame realizarase nas datas establecidas pola dirección da Escola para a realización do exame final.
Segunda Convocatoria ou Edición: - Os alumnos que desexen mellorar a súa cualificación ou que non superasen a materia na Primeira Convocatoria poderanse presentar a Segunda Convocatoria, onde se realizarán un exame final que abarcará a totalidade dos contidos da materia, tanto teóricos como prácticos. A segunda convocatoria celebrarase na data que estableza a dirección da Escola
|