Código |
Descrición |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
A4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. |
B1 |
Capacidade de organización e planificación. |
B2 |
Resolución de problemas. |
B3 |
Toma de decisións. |
B4 |
Capacidade de xestión da información. |
B5 |
Comunicación oral e escrita en lingua propia. |
B6 |
Coñecemento e uso de lingua inglesa. |
B7 |
Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo. |
C1 |
Coñecer os conceptos de ciclo de vida de produto para aprender a aplicalos cun enfoque integral, con criterios de sustentabilidade a través ferramentas software e infraestrutura e soportes dixitais. |
C2 |
Coñecer e aplicar os principios e ferramentas de Lean Manufacturing nos procesos de deseño e desenvolvemento de produtos da Industria 4.0 para materializar propostas de innovación a través de enxeñaría concorrente e TIC de enxeñaría colaborativa. |
C3 |
Coñecer os fundamentos da computación na nube, compoñentes, ferramentas e a súa orientación como servizo baseado en Internet. |
C4 |
Coñecer e aplicar ferramentas e técnicas de captura, almacenamento, análise intelixente e visualización de datos masivos. |
C5 |
Coñecer e saber implantar nas fábricas as arquitecturas, tecnoloxías e protocolos empregados en sistemas de comunicación e redes locais industriais. |
C6 |
Coñecer o rol da ciberseguridade nas fábricas do futuro, os métodos, técnicas e limitacións para poder implantar infraestruturas industriais seguras. |
C7 |
Coñecer os fundamentos da Intelixencia Artificial e as súas aplicacións prácticas máis importantes de face á súa implantación nos procesos de deseño e fabricación. |
C8 |
Saber utilizar métodos de intelixencia artificial para modelar, deseñar e desenvolver aplicacións en base a razoamentos e motores de inferencia para ser implantadas na Industria. |
C9 |
Coñecer os principios, técnicas e sistemas que comprende o concepto de Internet Industrial das Cousas (IIoT) e a súa relación co deseño e a fabricación. |
C10 |
Saber como se implantan sistemas de control industrial robustos, flexibles e tolerantes a fallos, a través de sistemas de adquisición de datos e toma de decisións adecuada a cada situación. |
C11 |
Coñecer e utilizar os elementos e principios de funcionamento dos sistemas ciberfísicos resultado da integración de procesos físicos, computacionales e de comunicacións. |
C12 |
Desenvolver sistemas ciberfísicos para a súa aplicación a solucións de produto e de proceso nas fábricas, empregando procedementos de Enxeñaría de Sistemas. |
C13 |
Utilizar a integración de diferentes fontes de datos para a definición de sistemas de xestión da cadea de subministración flexibles, fiables e eficientes, apoiados na Internet Industrial das Cousas e as ferramentas software de xestión loxística optimizada. |
C14 |
Coñecer os conceptos, principios e ferramentas propios dos sistemas de fabricación intelixentes, que facilitan o acceso á información e os datos de produción mediante ferramentas automatizadas de captación, procesado e visualización de información. |
C15 |
Coñecer e aplicar as tecnoloxías de fabricación aditiva, os materiais utilizados e as estratexias de aplicación no deseño e fabricación de produtos. |
C16 |
Desenvolver modelos, maquetas e prototipos utilizando técnicas e ferramentas de fabricación aditiva. |
C17 |
Coñecer as técnicas e ferramentas avanzadas de metroloxía, calibración e acreditación. |
C18 |
Desenvolver estratexias de verificación dimensional avanzada para a súa aplicación a compoñentes e produtos da industria conectada. |
C19 |
Coñecer, utilizar e saber implementar principios, aplicacións, compoñentes, instrumentación e instalacións de sistemas robotizados avanzados para a industria. |
C20 |
Coñecer e saber aplicar principios, técnicas e equipos de inmersión en realidade virtual, aumentada e híbrida cara á súa implantación na industria. |
C21 |
Coñecer e saber usar ferramentas de modelado e simulación por elementos finitos, diferenzas finitas e fluidodinámica computerizada (CFD) como ferramentas de Enxeñaría Asistida (CAE). |
C22 |
Seleccionar as ferramentas adecuadas de modelado e simulación por elementos e diferenzas finitas (FEM) e fluidodinámica computerizada (CFD) para a resolución de problemas de enxeñaría de deseño e fabricación. |
C23 |
Coñecer e seleccionar as contornas CAD/CAM/CAE avanzados máis adecuados para ser integrados e implantados na Industria. |
C24 |
Saber aplicar ferramentas avanzadas de deseño, fabricación e enxeñaría asistida ao modelado e fabricación de pezas e conxuntos mecánicos complexos na Industria. |
C25 |
Coñecer e saber utilizar técnicas e ferramentas de modelado e simulación matemática de sistemas de eventos discretos e sistemas dinámicos para aplicar en contornas de produción. |
C26 |
Aplicar as ferramentas de simulación á resolución de problemas específicos da xestión de plantas e integralas no proceso de implantación das paradigmas 4.0. |
C27 |
Coñecer e aplicar as técnicas e ferramentas de enxeñaría para a industrialización do produto en contextos Lean |
C28 |
Desenvolver estratexias para o aproveitamento da capacidade de innovación en deseño e fabricación en empresas industriais |
C29 |
Coñecer e integrar de forma rigorosa os procedementos e técnicas necesarios para a elaboración e posta en marcha de proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación no contexto da Industria 4.0 |
C30 |
Desenvolver as capacidades críticas/autocríticas e comunicativas nun proxecto de investigación, con criterios de excelencia e calidade en ámbitos nacionais e internacionais |
C31 |
Coñecer as ferramentas informáticas avanzadas de cálculo matemático e o seu emprego en aplicacións de enxeñaría de deseño y fabricación. |
C32 |
Seleccionar e aplicar ferramentas avanzadas de cálculo para a resolución de problemas matemáticos no ámbito da enxeñaría de deseño e a fabricación |
C33 |
Identificar e desenvolver habilidades e destrezas chave en equipos multidisciplinares para os procesos de implantación e evolución cara a industria 4.0 |
C34 |
Desenvolver habilidades para a xestión por competencias de persoas en equipos de alto rendemento no contexto de Deseño e Fabricación |
D1 |
Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria. |
D2 |
Incorporar no exercicio profesional criterios de sustentabilidade e compromiso ambiental. Adquirir habilidades no uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos. |
D3 |
Traballo en equipo multidisciplinar |