Educational guide 2024_25
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enerxía e Sustentabilidade
 Materias
  Prácticas Externas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticum, Practicas externas e clínicas Valorarase o informe de prácticas externas emitido polo titor na empresa 75 A7
A8
B1
C20
D2
D6
D7
D8
D9
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Valorarase o informe de prácticas externas o emitido polo titor académico 25 A7
A8
B1
C20
D2
D6
D7
D8
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Dado que a xestión de prácticas da UVigo realízase electrónicamente na súa totalidade, o estudante deberá de dispor de firma electrónica certificada, para poder tramitar toda a documentación relativa ás prácticas do master (en particular Anexo I, Anexo III, AnexoVI) antes da oferta de prácticas do master, realizada habitualmente no mes de febreiro de cada curso académico.

En cada unha das Convocatorias Oficiais ás que se presente o estudante, Nota de Prácticas Externas calcularase como:

Nota Prácticas Externas= 0,75*NotaInformeTutorEmpresa + 0,25*NotaInformeTutorAcadémico 

O titor académico valorará tanto o Informe de Prácticas entregado polo estudante, segundo Regulamento de Prácticas Externas do MES, como a información extraída dos contactos que o estudante mantivo ao longo das prácticas por correo electrónico, informando as actividades realizadas, incidencias no seu caso,  e o seu nivel de satisfacción co desenvolvemento das prácticas.

A data límite de entrega da documentación necesaria, que figura no Regulamento de Prácticas Externas do MES, será unha semana antes das datas oficiais de peche de actas fixadas pola Universidade de Vigo en cada unha das Convocatorias Oficiais.

 

Procedemento entrega de documentación:

  • Informe de Prácticas Externas, entregarase nun cartafol preparado ao efecto na materia en MooVI, con copia ao Coordinador do Máster mes@uvigo.gal.
  • Anexo VIN Informe Final do Estudante, asinado con firma electrónica certificada, entregarase nun cartafol preparado ao efecto na materia en MooVI, con copia ao Coordinador do Máster mes@uvigo.gal.

O estudante ten a obrigación de informar cada 15 días do desenvolvemento da estancia de prácticas por correo electrónico á Coordinadora de Prácticas externas (ealbo@uvigo.gal), así como de informar coa debida dilixencia de calquera incidencia que se produza ben á Coordinadora de Prácticas Externas ben ao Coordinador do Máster

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000