O obxectivo que se persegue con esta materia é capacitar ao alumno para o manexo dos métodos, técnicas e ferramentas básicas do deseño industrial e do desenvolvemento de produtos industriais, achegándolles as habilidades para desempeñar o seu labor cun enfoque actualizado e orientado ás necesidades da empresa manufactureira moderna en termos de innovación, competitividade e achega de valor.
Utilizarase na materia un enfoque integrador entre os seus diferentes partes: Deseño de Produto e Deseño Industrial, Técnicas e ferramentas de deseño, Avaliación do deseño e Comunicación do deseño, empregando metodoloxías activas, primando a aprendizaxe práctica e o estudo de casos reais.
Así mesmo, definirase unha aproximación multidisciplinar e colaborativa coas demais materias da orientación, fomentarase o traballo en equipo, seguindo procesos similares aos do exercicio real da profesión, e primarase o compromiso e a participación proactiva dos alumnos nas actividades da materia.