Nesta materia se estudan os métodos estatísticos dende unha perspectiva matemática, e non únicamente en base a aplicacións. Presuponse soltura no cálculo diferencial e integral, así coma o coñecemento dos principais resultados probabilísticos relacionados co manexo de variables aleatorias.
Recoméndase a consulta frecuente dos manuais na bibliografía. É fundamental o traballo continuo para unha motivación adecuada e unha asimilación correcta dos contidos. |