Matemática das operacións financeiras é unha materia que introduce ao estudante na lóxica da valoración financeira. O seu estudo resulta fundamental para a toma de decisións e a correcta interpretación da información no ámbito das finanzas e da contabilidade.
Baixo o principio básico do valor do diñeiro no tempo, o estudante coñece e aplica a metodoloxía matemático-financeira á análise das operacións financeiras máis frecuentemente contratadas. Preténdese unha aprendizaxe significativa.