Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Empresa: Matemática das operacións financeiras
   Resultados previstos na materia
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
Empregar as ferramentas de valoración financeira máis apropiadas para a resolución dos problemas expostos
Mostrar fluidez na resolución dos problemas financeiros básicos e interpretar correctamente os seus resultados
Utilizar, de forma adecuada, vocabulario e simboloxía matemático-financeira
Xulgar a consistencia dos seus resultados
Resolver cuestións financeiras mediante o uso da folla de cálculo
Organizar de forma eficiente a aprendizaxe
Identificar o campo de aplicación xeral da Matemática financeira
Distinguir os aspectos esenciais das operacións financeiras
Aplicar a lóxica da valoración financeira a novas operacións
Manexar fontes de información económico-financeira fiables e actualizadas
Incorporar a retroalimentación personalizada para consolidar o seu proceso de aprendizaxe
Mostrar unha actitude respectuosa cos demais e consigo mesmo no seu proceso de aprendizaxe
Realizar actividades que se propoñen de forma voluntaria para a súa autoevaluación
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000