Nos últimos anos veñen producindo profundos cambios na orde económica internacional. O coñecemento da súa dinámica desde o período inmediatamente posterior ao final da II Guerra mundial resulta fundamental para coñecer as claves explicativas dos acontecementos económicos que estamos a vivir. Nesta materia analízase a evolución das macromagnitudes das principais economías desenvolvidas e das súas políticas económicas, da orde comercial e monetaria. Ademais, de forma paralela ao desenvolvemento dos temas comentados, o alumno realiza un seguimento da conxuntura económica internacional.