Guia docente 2022_23
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Economía internacional
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Seminario As clases prácticas, do mesmo xeito que as titorías en grupo realizadas a través de seminarios, teñen como obxectivo axudar ao alumnado a consolidar os coñecementos adquiridos nas clases teóricas. Ademais, permiten ao profesorado orientar aos/ás estudantes e resolver as dúbidas que poidan xurdir no proceso de aprendizaxe.
Prácticas con apoio das TIC As prácticas teñen como obxectivo axudar ao alumnado a consolidar os coñecementos adquiridos nas clases teóricas. Ademais, permiten ao profesorado orientar aos/ás alumnos/as e resolver as dúbidas que poidan xurdir no proceso de aprendizaxe
Aprendizaxe colaborativa O traballo en grupo, coa orientación do profesorado, permítelle ao alumnado ser responsable da súa aprendizaxe e, á vez, a facilitar a aprendizaxe aos seus/súas compañeiros/as. O profesorado supervisa a asignación de tarefas e as discusións teóricas entre os membros do grupo para garantir un bo resultado final.
Flipped Learning Coa metodoloxía Flipped Learning, o profesorado guía e facilita os procesos de aprendizaxe, retroalimenta o desempeño dos equipos de traballo e ao alumnado individualmente, e xenera espazos para a coavaliación a a autoavaliación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000