Nesta materia ofrécese unha descrición e análise económica dos principais programas de gasto público existentes nun estado de benestar como o español: sanidade, educación, vivenda e prestacións sociais. Para facelo, empréganse as ferramentas vistas na materia "Economía Pública" co obxectivo de afondar nos fallos de mercado que xustifican a actuación do sector público, os tipos de intervención existentes e os efeitos e problemáticas asociadas á mesma.