Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Economía dos servizos públicos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario
Asistencia, participación nas prácticas, e elaboración e defensa pública dun ensaio relacionado coa materia. Como requisito para a presentación do ensaio, que suporá o 80% da calificación, débese asistir a un mínimo de 7 clases prácticas (con posible xustificación de ausencia segundo regulamento de avaliación da UV)
30 C3
C9
D1
D5
D7
Resolución de problemas e/ou exercicios Unha primeira proba escrita liberatoria a mediados do curso que suporá o 35% da cualificación e unha segunda proba do resto da materia, que tamén suporá un 35% da cualificación, na data oficial de exame da convocatoria ordinaria. No caso de non alcanzarse un 4 na primeira proba, deberá repetirse na data de exame da convocatoria ordinaria (cun 35% da cualificación). Un exame global na convocatoria extraordinaria. 70 C3
C5
C9
C11
D1
D5
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Alternativamente ao sistema de avaliación continua, que é o sistema preferente, o estudantado poderá optar (a decidir durante as seis primeiras semanas) por unha proba de avaliación global da materia tanto na convocatoria ordinaria e extraordinaria, que suporá o 100% da cualificación.

Na convocatoria de fin de carreira, o exame global suporá o 100% da cualificación.

As datas oficiais de exames están suxeitas a actualizacións, polo que se recomenda consultar a páxina web da Facultade para acceder á información correcta en cada momento: http://fccee.uvigo.es/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000