Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Historia: Historia económica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Os seminarios teñen un carácter eminentemente práctico. A asistencia aos mesmos é obrigatoria. Serán obxecto de avaliación ao longo do cuadrimestre.


A avaliación dos resultados ten en conta: a) o traballo e a aprendizaxe realizada nas clases prácticas, que é levado ao Libro de Prácticas, que será cualificado; b) as probas de avaliación específica sobre as cuestións abordadas nestas clases.


A asistencia ás clases prácticas é obrigatoria. En caso de falta, ha de xustificarse. A non xustificación de cada falta será penalizada con 0,2 puntos sobre a nota da avaliación continua.
60 A3
A4
B1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9
D1
D2
D4
D5
D7
Exame de preguntas de desenvolvemento Os contidos teóricos vistos nesta materia serán obxecto dunha última proba de avaliación, que supón un 40% da nota final. 40 A3
A4
C2
C3
C4
C7
C8
C9
D5
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os sistemas de avaliación nesta materia son de dous tipos ou
modalidades: avaliación continua (EC) e avaliación global (EG).

O estudantado ten dereito a elixir o tipo de sistema co que
será avaliado, avaliación continua (EC) ou avaliación global (EG).

 

AVALIACIÓN CONTINUA (EC)

A avaliación continua (EC) é o sistema de avaliación por
defecto. A nota final obtida co sistema de avaliación continua procede das
probas de avaliación realizadas ao longo do cuadrimestre (cunha ponderación do
60% sobre o total) e da nota obtida nunha última proba (cunha ponderación do
40% do total).

 

AVALIACIÓN GLOBAL (EG)

O alumnado que opte pola modalidade de avaliación global ten
que elixila explicitamente. A elección desta modalidade de avaliación global
correspóndelle a cada estudante, que deberá realizala segundo o procedemento e
o prazo establecido por este centro. Nesta materia, o prazo de solicitude será
desde o 11 de setembro ao 13 de outubro de 2024, ás 12 horas. A solicitude
tramítase por Moovi. Abrirase alí unha sección: Ficha de confirmación para quen
opta por AVALIACIÓN NON CONTINUA. Curso 2024-2025. Nas datas sinaladas subirase
esa Ficha.

 

Os e as alumnas que opten por solicitar o sistema de
avaliación global teñen o dereito para ser avaliados das clases prácticas,
aínda que non asistan ás mesmas. Teñen que presentar ao finalizar o curso o
Libro de Prácticas, do mesmo xeito que os alumnos e alumnas de avaliación
continua, e realizar a proba de avaliación global. Esta proba incluirá
cuestións da parte práctica desta materia e preguntas sobre os contidos
teóricos. A avaliación global da parte práctica e teórica da materia significa
o 100% da nota (60% da parte de prácticas da proba de avaliación global; 40% da
parte de teoría da proba de avaliación global).

 

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA.

No caso do estudantado que non supere a materia na
convocatoria ordinaria, ten dereito a unha avaliación extraordinaria
(convocatoria extraordinaria de xullo). Os criterios nesta avaliación
extraordinaria serán similares aos da convocatoria ordinaria.

 

CONVOCATORIA FIN
DE CARRERA

Na convocatoria de Fin de Carreira, o exame supoñerá o 100%
da cualificación.

 

DATAS E HORARIOS DA AVALIACIÓN GLOBAL (EG)

Datas e horarios das probas de avaliación global final,
atópanse na páxina web da Facultade (docencia), así como na plataforma en MOOVI
correspondente a esta materia.

 

FOTOGRAFÍA NA PLATAFORMA MOOVI:

Alumnos e alumnas han de subir unha fotografía, tipo carné
(isto é, na que sexan claramente identificables), ao seu perfil na plataforma
Moovi desta materia, durante o mes de setembro. Esta fotografía é obrigatoria.
A non subida será penalizada na nota final con 0,5 puntos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000