O alumnado poderá elixir ser
avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente
optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a
AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido pola coordinación de materia, que cumplirá o mínimo de un mes a partir do inicio do curso (Regulamento de Avaliación da UVIGO). A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose
mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese
momento en calquera das probas que xa tiveron lugar. ·
AC.
En caso de non renunciar a avaliación continua: Para
superar a materia requírese obter como mínimo 4,5 puntos tanto no exame como
nas practicas, (puntuando sobre 10). Para seguir a modalidade de avaliacion
continua requirese a asistencia as clases practicas, pudiendo faltar un máximo
de tres (clases practicas), sempre que se xustifique adecuadamente y antes de
la clase. A puntuación obtida pola participación así como a realización e
entrega das tarefas establecidas polo profesor (traballos e prácticas de aula
informática), mantense nas convocatorias ordinaria e extraordinaria do curso
académico en vigor pero NON se gardará para cursos sucesivos. O traballo
práctico (traballos tutelados) puntúa exclusivamente na convocatoria en que se
presenta. En caso de non superar o exame na convocatoria ordinaria, o alumno
deberá entregar un novo traballo, xunto co exame, na convocatoria
extraordinaria. ·
AG.
Os alumnos que opten por NON seguir a avaliación
continua terán que presentarse a un exame final na data oficial fixada no
calendario de exames e a nota final da materia será a do devandito exame,
valorado sobre 10 puntos. Neste caso, os alumnos deben INDICAR EXPRESAMENTE o
seu desexo de non seguir a avaliación continua a principio de curso (durante as
cinco primeiras semanas). Os estudantes que non participen na
AC nin na AG, figurarán nas actas como "non presentados". Recoméndase ao alumnado ter en
conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a
Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe
do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa
) As
datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as
especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de
Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as
datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html. Na
convocatoria de fin de carreira, o exame suporá o 100% da cualificación. O horario de titorías especificarase a principio de curso no MooVi da materia. CÓDIGO DE BOAS PRÁCTICAS: 1. Puntualidade. 2. Non está permitido facer uso de teléfonos móbiles durante as sesións de traballo, excepto cando o profesorado así o requira. 3. O plaxio total ou parcial nas actividades entregadas levará a invalidación das mesmas. 4. É imprescindible coidar a gramática, redacción e ortografía das actividades entregadas. O incumprimento desta norma levará a invalidación das actividades. 5. Para a realización dos exames, o alumno deberá presentarse ao exame debidamente identificado, co D.N.I ou pasaporte, non sendo válido ningún outro documento. 6. A revisión de exames terá lugar unicamente no horario e lugar establecido polo profesor. 7. En caso de incumprimento das normas anteriores, o profesor poderá adoptar as medidas que estime oportunas dentro da lexislación vixente. 8. O feito de introducir un dispositivo electronico non autorizado na aula do exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).
|