A avaliación da materia de Bioquímica I é continua ao longo do curso cadémico. Para ser avaliado deste xeito, o alumno deberá realiar todas as actividades propostas (prácticas laboratorio, seminarios e duas probas escritas). As situacións particulares que impidan a participación nas actividades (prácticas laboratorio e seminarios ) de forma habitual (exemplo: contrato de traballo, enfermidade,......etc) deberán ser comunicadas á maior brevidade posible ao profesor para buscar unha solución. A asistencia é obligatoria no caso de seminarios e prácticas de laboratorio, permitindo unha única falta de asistencia, a cal deberá estar debidamente xustificada. Para superar a materia de Bioquímica (nota final como a suma das notas ponderadas) é imprescindible ter obtido unha nota igual ou superior á nota mínima esixida en cada unha das actividades avaliables por separado (5,0 sobre 10). No caso de non ser así, non se fará a suma das notas, e a nota que figurará na acta de Bioquímica I será a maís alta dos apartados suspensos. As actividades con unha nota igual ou superior a mínima esixida (5,0 sobre 10) na primeira oportunidade (enero) dun curso académico se conservan para a segunda oportunidade (xullo). Na segunda oportunidade (xullo) non se poden recuperar prácticas de laboratorio e seminarios, sólo se poden realizar os exames parciais non superados na primeira oportunidade. A nota final de Bioquímica I (xullo) será a suma das notas ponderadas de cada apartado sempre e cando obtiveran o minimo esixido (5,0 sobre 10). No caso de que o alumno non asista a ningunha das actividades avaliables, apararecerá como NON PRESENTADO na acta de Bioquímica I nas dúas oportunidades (enero e xullo). A realización dalgunha das actividades avaliables propostas pero non todas implica automáticamente un suspenso na acta de Bioquímica (ambas aportunidades). Estes criterios aplicaránse de forma idéntica nas dúas oportunidades. Así mesmo, o alumnado que prefira unha avaliación global da materia de Bioquímica I deberá comunicala durante o período disposto polo centro. O exame global incluirá preguntas das prácticas de laboratorio, exercicios dos seminarios e toda a parte teórica. O alumnado que non supere a materia de Bioquímica I en ningunha das dúas oportunidades, se lles gardará a cualificación das actividades (prácticas e seminario) durante os dous cursos académicos seguintes, sempre que teña acadado a nota mínima esixida. Só se repetirán as actividades non superadas. As actividades que xa foron superadas non poderán ser reavaliadas. O calendario académico pódese consultar no seguinte enlace: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/horarios O calendario de exames pódese consultar no seguinte enlace: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames |