Educational guide 2024_25
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Bioquímica I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio A asistencia é obrigatoria. O profesor valorará os resultados experimentais, as respostas e conclusións do alumno sobre a experimentación realizada mediante a presentación dun informe de prácticas, o cal representará un 20% da nota final da materia de Bioquímica I.
É imprescindible obter unha nota mínima de 5 sobre 10 para poder ponderar co resto de apartados. Esta actividade non é recuperable no caso de non alcanzar o minimo esixido.
20 A1
A2
A3
B2
B3
B6
C3
C4
C6
D3
D4
Seminario Para o curso académico están programados dous seminarios de 1,5 horas cada un. Serán avaliados os coñecementos dos temas tratados mediante a resolución de exercicios, que se entregarán na data que estableza o profesor. A asistencia e a entrega dos exercicios é obrigatoria.
É necesario obter una nota mínima de 5 sobre 10 para poder ponderar co resto dos apartados a nota final. Esta actividade non é recuperable no caso de non alcanzar o minimo esixido.
20 A1
A2
A3
B2
B6
C6
D1
D3
Exame de preguntas obxectivas Realizarase unha primerira proba escrita correspondente a Bioquímica Estructural (temas 1-9) na data aprobada na Xunta de Facultade (consultar páxina web do centro). Está proba constará de preguntas tipo test e un exercicio.
É esencial obter unha nota minima din 5,0 sobre 10 para poder ponderar co resto de apartados. Esta nota representará un 25% da nota final.
25 A1
A2
A3
B2
B6
C3
C4
C6
D1
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase unha segunda proba escrita correspondente a Bioquímica Metabólica (temas 10-21) na data aprobada na Xunta de Facultade (consultar páxina web do centro). Está proba constará de preguntas tipo test e unha pregunta de integración do metabolismo (que inclue cálculo de rendemento enerxético).
É esencial obter unha nota minima din 5,0 sobre 10 para poder ponderar co resto de apartados. Esta nota representará un 35% da nota final.
35 A1
A2
A3
B2
B3
B6
C3
C4
C6
D1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da materia de Bioquímica I é
continua ao longo do curso académico
. Para ser avaliado deste xeito, o alumno
deberá realiar todas as actividades propostas (prácticas laboratorio,
seminarios e duas probas escritas).

As situacións particulares que impidan a
participación nas actividades de prácticas laboratorio ou seminarios de forma
habitual (exemplo: contrato de traballo, enfermidade,......etc) deberán ser
comunicadas á maior brevidade posible ao profesor para buscar unha solución.

A asistencia é obligatoria no caso
de seminarios e prácticas de laboratorio, permitindo unha única falta de
asistencia, a cal deberá estar debidamente xustificada. 

Para superar Bioquímica I (nota final como a suma das notas ponderadas) é
imprescindible ter obtido unha nota igual ou superior á nota mínima esixida en
cada unha das actividades avaliables por separado. No caso de non ser así, non
se fará a suma das notas, e a nota que figurará na acta de Bioquímica I será a
maís alta dos apartados suspensos. 

CONDICIÓNS PARA A SEGUNDA OPORTUNIDADE (xullo)

As actividades con unha nota igual ou superior a mínima esixida (5,0 sobre 10) na primeira oportunidade (xaneiro) conservánse para a 2ª oportunidade (xullo). En xullo, non se poden recuperar nin prácticas de laboratorio nin seminarios, só se poderán recuperar as probas escritas que non acadaran o mínimo esixido en maio.

Se na primera oportunidade (xaneiro) non se superaron as dúas probas escritas, o alumno deberá presentarse en xullo con todo o temario. Neste caso, a proba final escrita representará o 60% da nota final e considerarase aprobada cando acade unha nota igual ou superior a 5,0 sobre 10. Ademais, hai que subliñar que a superación desta cualificación non implica automaticamente aprobar a materia de Bioquímica I.

nota final de Bioquímica I nesta 2ª oportunidade será a suma das cualificacións ponderadas das actividades avaliables sempre que acadasen o mínimo esixido en cada unha delas. Pero, se o alumno non acada ese mínimo en seminarios ou prácticas de laboratorio, terá que compensalo cunha nota superior na proba escrita final.

A non asistencia a todas as actividades avaliables implica automaticamente un NON PRESENTADO na acta de Bioquímica I (xaneiro e xullo). Pola contra, a realización dalgunhas das actividades avaliables, pero non todas, implica un suspenso na acta de Bioquímica I (xaneiro e xullo).

Así mesmo, se o alumno prefire unha avaliación global, deberá solicitala no prazo que se lle facilite ao Decanato de Bioloxía. O exame global incluirá preguntas das prácticas de laboratorio, exercicios dos seminarios e toda a parte teórica.

O alumnado que non supere a materia de Bioquímica II en ningunha das dúas oportunidades, se lles gardará a cualificación das actividades (prácticas e seminario) durante os dous cursos académicos seguintes, sempre que teña acadado a nota mínima esixida. Só se repetirán as actividades non superadas. As actividades que xa foron superadas non poderán ser reavaliadas.

O calendario académico pódese consultar no
seguinte enlace: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/horarios

O calendario de exames pódese consultar no
seguinte enlace: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000