Tribunal
da avaliación do Traballo Fin de Grao Estará constituído por tres profesores da
titulación e será nomeado a proposta da Comisión de Traballo Fin de Grao.
Constituiranse tantos tribunais como fose necesario, cos correspondentes
membros suplentes, para garantir o bo discorrer do proceso avaliador. Memoria de Traballo Fin de Grao Coa antelación suficiente, a Comisión de
Traballo Fin de Grao establecerá os prazos de entrega da solicitude para a
presentación e defensa, así como da memoria do traballo fin de grao. A non
entrega da mesma nos prazos establecidos levará a non presentación á avaliación
da materia. Os alumnos/as disporán dunha normativa para a elaboración e
presentación da memoria de TFG. Dita normativa publicarase na web da facultade asi como na plataforma docente. Presentación
e defensa do Traballo Fin de Grao O tribunal avaliador da proba publicará coa
suficiente antelación os criterios de avaliación, orden de exposición, lugar e
hora de celebración, quedando a disposición de todos os interesados. Cualificacións Ao finalizar o proceso avaliador, o tribunal
publicará de forma conxunta as cualificacións que recibiron os alumnos
matriculados na materia. No caso de que un/unha alumno/a supere a avaliación do titor/a pero obteña una valoración de suspenso nas outras partes do TFG,
o tribunal entregaralle a ambolos dous un informe recollendo as
recomendacións para mellorar o traballo cara a súa avaliación noutra
oportunidade. En particular se fará fincapé si a nota negativa obtida polo
alumno/a pode ser recuperada nunha segunda oportunidade do mesmo curso ou si,
polo contrario, o alumno debe realizar a totalidade do traballo noutro curso
académico. Segunda oportunidade O/a alumno/a poderá recuperar nunha segunda
oportunidade no mesmo curso aqueles aspectos do TFG que non superou na primeira,
sempre e cando o informe que obtivo do tribunal nesa primeira oportunidade así
o especifique. A Comisión de Traballo Fin de Grado
establecerá e fará públicos coa antelación suficiente os prazos que rexerán o
proceso de avaliación na segunda oportunidade do curso, incluíndo os prazos de
entrega da solicitude de defensa, a memoria e o informe do titor, así como a data, lugar e hora de celebración do acto de presentación e defensa do traballo
diante do tribunal. Horario da materia Debido as súas características, o traballo
fin de grao non ten un horario establecido; cada alumno establecerá o seu
horario de acordo co titor, normalmente ao longo do segundo cuadrimestre. Datas previstas para as probas de avaliación para o curso 2023-24 As datas foron aprobadas en Xunta de
Facultade. Ver ligazón: http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/examenes Normativas aplicables O Regulamento do Traballo Fin de Grao da Universidade
de Vigo, aprobado no Consello de Goberno está dispoñible en: http://www.uvigo.gal/opencms/export/sites/uvigo/uvigo_gl/DOCUMENTOS/alumnado/TFGNovo_Def_Uvigo.pdf A Normativa da Facultade de Bioloxía para
a realización do Traballo Fin de Grao, aprobada en Xunta de Facultade está dispoñible
en: http://bioloxia.uvigo.es/docs/docencia/grado/tfg/normativa_TFG_facultad_biologia.pdf Aspectos éticos O plaxio está especialmente perseguido nos traballos de fin de grao, en particular na elaboración da memoria, sendo motivo de suspenso na materia. Tampouco está permitido o uso inxustificado de programas de intelixencia artificial. |