Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado A persoa titora emitirá un informe de evaluación que incluirá diferentes ítems dirigidos á adquisición de competencias por parte do alumno, e será aprobado pola comisión de traballo fin de grao.

Na seguinte ligazón pódese consultar o modelo de informe titorial usado no curso 2022-23, o cal pode ser tomado como referencia para o curso 2023-24.
http://bioloxia.uvigo.es/docs/docencia/grado/tfg/TFG_informe_tutor.pdf
30 A1
A2
A3
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B12
C25
C26
C27
C29
C31
C32
C33
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
Proxecto O estudante deberá entregar unha memoria do proxecto na que se incluirán os detalles principais do traballo realizado.

Na seguinte ligazón podense consultar as normas de elaboración da memoria no curso 2022-23, o que pode servir de referencia para o curso 2023-24.
https://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/traballo-fin-de-grao/
40 A1
A3
A5
B2
B5
B7
B9
C25
C26
C27
C32
C33
D1
D3
D6
D7
D10
D12
D13
D14
Presentación O estudante deberá facer unha presentación do proxecto diante do tribunal e debatir cos seus membros acerca dos aspectos do traballo realizado. 30 A2
A4
B6
B8
B11
C32
D3
D5
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Tribunal
da avaliación do Traballo Fin de Grao

Estará constituído por tres profesores da
titulación e será nomeado a proposta da Comisión de Traballo Fin de Grao.
Constituiranse tantos tribunais como fose necesario, cos correspondentes
membros suplentes, para garantir o bo discorrer do proceso avaliador.

Memoria de Traballo Fin de Grao

Coa antelación suficiente, a Comisión de
Traballo Fin de Grao establecerá os prazos de entrega da solicitude para a
presentación e defensa, así como da memoria do traballo fin de grao. A non
entrega da mesma nos prazos establecidos levará a non presentación á avaliación
da materia. Os alumnos/as disporán dunha normativa para a elaboración e
presentación da memoria de TFG. Dita normativa publicarase na web da facultade asi como na plataforma docente. 

Presentación
e defensa do Traballo Fin de Grao

O tribunal avaliador da proba publicará coa
suficiente antelación os criterios de avaliación, orden de exposición, lugar e
hora de celebración, quedando a disposición de todos os interesados.

Cualificacións

Ao finalizar o proceso avaliador, o tribunal
publicará de forma conxunta as cualificacións que recibiron os alumnos
matriculados na materia. 

No caso de que un/unha alumno/a supere a avaliación do titor/a pero obteña una valoración de suspenso nas outras partes do TFG,
o tribunal entregaralle a ambolos dous un informe recollendo as
recomendacións para mellorar o traballo cara a súa avaliación noutra
oportunidade. En particular se fará fincapé si a nota negativa obtida polo
alumno/a pode ser recuperada nunha segunda oportunidade do mesmo curso ou si,
polo contrario, o alumno debe realizar a totalidade do traballo noutro curso
académico. 

Segunda oportunidade

O/a alumno/a poderá recuperar nunha segunda
oportunidade no mesmo curso aqueles aspectos do TFG que non superou na primeira,
sempre e cando o informe que obtivo do tribunal nesa primeira oportunidade así
o especifique.

A Comisión de Traballo Fin de Grado
establecerá e fará públicos coa antelación suficiente os prazos que rexerán o
proceso de avaliación na segunda oportunidade do curso, incluíndo os prazos de
entrega da solicitude de defensa, a memoria e o informe do titor, así como a data, lugar e hora de celebración do acto de presentación e defensa do traballo
diante do tribunal.

Horario da materia

Debido as súas características, o traballo
fin de grao non ten un horario establecido; cada alumno establecerá o seu
horario de acordo co titor, normalmente ao longo do segundo cuadrimestre.

Datas previstas para as probas de avaliación para o curso 2023-24

As datas foron aprobadas en Xunta de
Facultade. Ver ligazón: http://bioloxia.uvigo.es/es/docencia/examenes

Normativas aplicables

O Regulamento do Traballo Fin de Grao da Universidade
de Vigo, aprobado no Consello de Goberno está dispoñible en: http://www.uvigo.gal/opencms/export/sites/uvigo/uvigo_gl/DOCUMENTOS/alumnado/TFGNovo_Def_Uvigo.pdf

A Normativa da Facultade de Bioloxía para
a realización do Traballo Fin de Grao, aprobada en Xunta de Facultade está dispoñible
en:

 http://bioloxia.uvigo.es/docs/docencia/grado/tfg/normativa_TFG_facultad_biologia.pdf

Aspectos éticos

O plaxio está especialmente perseguido nos traballos de fin de grao, en particular na elaboración da memoria, sendo motivo de suspenso na materia. Tampouco está permitido o uso inxustificado de programas de intelixencia artificial.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000