Guia docente 2023_24
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Recomendacións


 
Outros comentarios
Recomendacións para matrícula na materia: -Para poder matricularse na materia Traballo Fin de Grao, o estudante deberá ter matriculados todos os créditos necesarios para obter o título oficial de grao, salvo os correspondentes ao propio traballo, xa sexa por superación das materias correspondentes ou por recoñecemento. -Para poder realizar a presentación e defensa do Traballo Fin de Grao diante do tribunal, o estudante deberá demostrar ter superados todos os créditos necesarios para obter o título oficial de grao, salvo os correspondentes ao propio traballo, xa sexa por superación das materias correspondentes ou por recoñecemento. Polo tanto recoméndase aos alumnos que se matriculen nesta materia só si teñen altas posibilidades de superar todos os créditos matriculados no curso. - Normativa do Traballo Fin de Grao e información sobre a planificación da materia no curso: dispoñible en: http//bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/grao-en-bioloxia/traballo-fin-de-grao Mobilidade: Os traballos fin de grao poderán levarse a cabo a cabo dentro dun programa de mobilidade, facendo constar ás súas características no contrato de estudios respectivo. Os alumnos que opten por esta modalidade deben contar coa aprobacion do coordinador de mobilidade do centro e do coordinador da materia Traballo fin de Grao. Polo tanto, é recomendable iniciar estos procesos coa suficiente antelación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000