É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Moovi ou do Campus Remoto e estar ao tanto das datas de entrega de traballos, probas etc.Este curso está formulado para alumnado asistente ás aulas na súa modalidade presencial ou mixta.
A avaliación continua implica a asistencia regular a clase (presencial ou mixta) ou no seu defecto a titorías, a entrega dos traballos e exercicios que se requiran en proporción non inferior ao 80 %. A avaliación realizarase con base no traballo de aula e nos exercicios (20 %), a avaliación das lecturas obrigatorias (10 %) e mais na entrega e defensa dun traballo de investigación orixinal individual, elaborado segundo as indicacións das docentes. A avaliación do traballo realízase en dúas partes: constitución de corpus (20%) e traballo escrito (40 %). O traballo deberá ser defendido oralmente de xeito presencial ou, no seu defecto, a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo (10 %). A defensa do traballo realizarase fóra do período de docencia. Avaliación única: O alumnado que opte pola avaliación única será avaliado con base nun test sobre contidos de teoría (20 %) e un traballo de investigación individual orixinal elaborado segundo as indicacións das docentes. Este traballo será entregado por escrito (70 %) e será obxecto de defensa oral (10 %). A defensa do traballo realizarase fóra do período de docencia. En segundas e posteriores convocatorias: o alumnado de avaliación continua presentará por escrito un traballo de investigación orixinal e individual elaborado con base na corrección e avaliación da primeira convocatoria. Pola súa banda, o alumnado de avaliación única deberá realizar un test de contidos teóricos (20 %) e presentar por escrito un traballo de investigación orixinal e individual (80 %) elaborado segundo as indicacións e titorización das docentes. Na avaliación do traballo teranse en conta o corpus documental compilado (20 %), a explotación das lecturas obrigatorias así como outras lecturas que amplifiquen os contidos (20 %), o propio traballo escrito (40 %) e a súa presentación (10%).
Para superar a materia cómpre que se superen cada unha das partes que se avalían (mínimo 5/10 en cada proba). En todo caso, as docentes resérvanse o dereito a realizar unha proba teórica para comprobar que se adquiriron os coñecementos teóricos da materia. Será obxecto de sanción (0 puntos) o plaxio total ou parcial (incluída IA) en calquera dos traballos ou test que se presenten a avaliación. As metodoloxías, a atención personalizada e a avaliación serán as mesmas tanto na modalidade mixta como na presencial. |