Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
 Materias
  Metodoloxía da investigación
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Metodoloxía da investigación Código V01M128V11105
Titulación
Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 1 1c
Lingua de impartición
#EnglishFriendly
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Álvarez Lugrís, Alberto
Correo-e alugris@uvigo.gal
Profesorado
Álvarez Lugrís, Alberto
Web http://http://paratraduccion.com/limiares/metodoloxia/
Descrición xeral Esta materia centrarase nunha das metodoloxías empíricas de estudo da tradución e da interpretación que máis se está a desenvolver na actualidade: o uso de corpus textuais de traducións e orixinais para rastrexar, identificar, describir e clasificar distintos fenómenos de tradución.

Malia centrarse a exposición en análises de tradución escrita, e concretamente en cuestións relacionadas coa Estilística Comparada, a metodoloxía é aplicable ó estudo doutro tipo de fenómenos, tanto de tradución como de interpretación.

Esta materia incorpora a perspectiva de xénero nos seus contidos, metodoloxía e avaliación.

Todo o alumnado contará, como non pode ser doutro xeito, co meu asesoramento constante, tanto durante a docencia presencial como durante o período de traballo autónomo, xa sexa por medio do correo electrónico (alugris@uvigo.gal), do despacho virtual nº 98 do Campus remoto da Uvigo ou persoalmente no meu despacho C35 da Facultade de Filoloxía e tradución. Podédesme atopar tamén en skype, twitter ou FaceBook como alugris e en Google Talk como alugris@gmail.com.

Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000