Guia docente 2025_26
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
 Materias
  Metodoloxía da investigación
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2025_26
Materia Metodoloxía da investigación Código V01M128V11105
Titulación
Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 1 1c
Lingua de impartición
#EnglishFriendly
#FrançaisAmical
#ItalianoAmichevole
#PortuguêsAmigável
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Álvarez Lugrís, Alberto
Correo-e alugris@uvigo.gal
Profesorado
Álvarez Lugrís, Alberto
Web http://http://paratraduccion.com/limiares/metodoloxia/
Descrición xeral Esta materia centrarase nunha das metodoloxías empíricas de estudo da tradución e da interpretación que máis se está a desenvolver na actualidade: o uso de corpus textuais de traducións e orixinais para rastrexar, identificar, describir e clasificar distintos fenómenos de tradución.

Malia centrarse a exposición en análises de tradución escrita, e concretamente en cuestións relacionadas coa Estilística Comparada, a metodoloxía é aplicable ó estudo doutro tipo de fenómenos, tanto de tradución como de interpretación.

Esta materia incorpora a perspectiva de xénero nos seus contidos, metodoloxía e avaliación.

Todo o alumnado contará, como non pode ser doutro xeito, co meu asesoramento constante, tanto durante a docencia presencial como durante o período de traballo autónomo, xa sexa por medio do correo electrónico (alugris@uvigo.gal), do despacho virtual nº 98 do Campus remoto da Uvigo ou persoalmente no meu despacho C35 da Facultade de Filoloxía e tradución. Podédesme atopar tamén en skype, twitter ou FaceBook como alugris e en Google Talk como alugris@gmail.com.

Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.

Materia do programa Português amigável, Français amical e/ou
Italiano amichevole. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao
profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da
materia na(s) lingua(s) estranxeira(s), b) atender as titorías na(s) lingua(s)
estranxeira(s), c) probas e avaliacións en lingua estranxeira.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000