Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Temas de Lingüística Contrastiva
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Haberá que realizar un traballo individual de lingüística contrastiva seguindo as indicacións do profesor. 40 A1
A2
A4
A5
B1
B4
C1
C2
C3
C5
C8
C9
D6
D8
Resolución de problemas de forma autónoma Outras actividades avaliables (exercicios, comentarios, entregas parciais etc.): 10%.
Recensión crítica de bibliografía: 30%.
40
Lección maxistral Valorarase a asistencia e participación nas clases. 10 A1
A2
A4
A5
B1
B4
C1
C2
C3
C5
C8
C9
D6
D8
Presentación Un 10% da cualificación correspóndelle á exposición oral na aula: (i) da recensión crítica de bibliografía e (ii) do traballo titorizado (con cadanseu 5%).

As exposicións durarán, aproximadamente, 15 minutos, e nelas non se poderá ler. Poderase empregar un pequeno guión ou acompañar a exposición de axudas audiovisuais, mais a presentación oral non pode constituír a simple lectura deste material.
10 A4
C5
C9
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os traballos (recensión crítica e traballo titorizado), para seren avaliados, téñense que ir entregando dentro dos
prazos que se marquen. Cómpre superar os dous.
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera dos traballos suporá un cero nesa proba. Para as exposicións orais, o alumnado que o precise -e sempre que a(s) universidade(s) forneza(n) un/ha intérprete- poderá empregar a lingua de sinais.

Quen
opte por un réxime semipresencial (ou o alumnado cunha dispensa académica oficial) terao que comunicar por correo
electrónico antes do inicio da materia. Forneceranse as indicacións
para que se poidan adquirir os contidos teóricos e deberanse ir realizando nos prazos que se marquen as
actividades avaliables do curso (incluídos os traballos, que son obrigatorios).

Para
a segunda convocatoria
(mantéñense
os mesmos criterios ca na primeira) manteranse os aptos obtidos na primeira e
proporcionaranse indicacións para superar as actividades (que seguen a ser as mesmas da primeira edición das actas) que non se entregasen
ou non alcanzasen o apto.

Cualificación de 'non presentado': recibirán esta cualificación só os/as estudantes que non entreguen ningún dos dous traballos obrigatorios.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000