Guia docente 2024_25
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Mediación Lingüística
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte da docente dos contidos cada un dos temas da materia. Aclararanse as cuestións centrais e orientarase ao alumnado sobre os aspectos fundamentais e secundarios.
Resolución de problemas Exercicios breves de aplicación/comprobación de contidos conceptuais. Realizaranse durante o período de sesións de clase. Consistirán en: 1) unha serie de exercicios breves que os estudantes prepararán previamente para a súa presentación nas clases 2) un conxunto de preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (si/non, verdadeiro falso...).
Estudo previo O alumnado deberá revisar as cuestións que se van abordando nas leccións maxistrais para poder realizar os exercicios/actividades e traballos
Traballo tutelado Conxunto de actividades máis extensas sobre os temas abordados na primeira parte do temario. Realizaranse ao terminar as sesións clases. Indicarase a data concreta de entrega nas sesións iniciais.
Presentación O alumnado deberá expor unha serie de aspectos concretos da materia vinculados cos exercicios realizados, lecturas ou outras actividades que se poidan propor.
Traballo tutelado Conxunto de actividades máis extensas sobre os temas abordados na segunda parte do temario. Realizaranse ao terminar as sesións clases. Indicarase a data concreta de entrega nas sesións iniciais.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000