Guia docente 2024_25
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Adquisición e Desenvolvemento da Lingua na Comunidade Xorda
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Lectura de casos ou presentación de situacións reais da adquisición que dean lugar á análise e á argumentación. Os diferentes puntos de vista serán expostos na clase. Pode ser a partir dunha lectura previa. 20 A2
A3
Traballo tutelado Identificar un problema e facer preguntas. Consultar fontes.
Organizar unha metodoloxía de traballo. Presentar resultados.
60 A1
A4
A5
B2
B3
B4
C9
Foros de discusión Actividades desenvolvidas de forma autónoma que reforcen a aprendizaxe e a capacidade crítica. 20 A1
A2
A3
A4
A5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Planificación temporal prevista para as actividades de avaliación:

- Presentacións / exposicións dos traballos tutelados: semanas 9ª e 10ª
- Estudo de casos / análises de situación: nas semanas 3ª y 6ª
- Resolución de problemas ou exercicios e foros de discusión: serán programados durante as clases durante o desenvolvemento da docencia.

Se se precisan adaptacións por razón de discapacidade, deberá advertirse coa debida antelación.

Terán a cualificación de "Non presentado" as e os estudantes que non entreguen ningunha proba de avaliación.

Quen non consiga superar a materia polo procedimento establecido terá unha segunda oportunidade, con vistas á segunda edición de actas. Nela manteranse as mesmas porcentaxes e condicións, salvo no caso dos traballos de exposición oral, que serán substituídos por unha nova versión escrita dos mesmos. As mesmas condicións prevense para a convocatoria de decembro.

O alumnado con dispensa académica oficial deberá facer os mesmos traballos, e será cualificado conforme ás mesmas porcentaxes. Utilizará a plataforma de teledocencia para substituír o seguimento das clases. No caso concreto do traballo tutelado e os foros de discusión, entregará unha versión escrita. Para as outras actividades, habilitaranse procedementos para que se fagan entregas adecuadas a cada actividade.

Terase en conta a orixinalidade do traballo individual. As prácticas de copia ou plaxio invalidarán a proba ou tarefa obxecto da copia e poderán supoñer o suspenso.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000