Esta materia ten como obxectivo principal familiarizar ao estudantado coas tecnoloxías lingüísticas que conforman a actual sociedade do coñecemento na que a información e a comunicación constitúen un papel fundamental. Trátase de que o alumnado coñeza diferentes ferramentas e recursos lingüísticos necesarios para as aplicaciónes de procesamento automático da lingua natural como son a escritura de textos asistida, a tradución, a recuperación da información ou o ensino e aprendizaxe de linguas asistido por ordenador.