O alumnado deberá facer unha lectura exhaustiva dos textos propostos. Ademais, deberá entregar con antelación á celebración de cada seminario un breve documento que inclúa un resumo, unha avaliación crítica e unhas preguntas para discutir no seminario.
Para obter a máxima cualificación nesta metodoloxía é
imprescindible a asistencia e a participación activa nas sesións.
40
A1 A2 A3 A4 A5
C2 C3 C6
D6 D7 D8
Traballo tutelado
O alumnado presenta o resultado obtido na elaboración dun
traballo sobre un tema relacionado coa materia. Pode ser grupoal ou individual e inclúe unha parte escrita e unha exposición oral.
50
A1 A2 A3 A4 A5
C2 C3 C6
D6 D7 D8
Resolución de problemas
Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia.
10
Outros comentarios sobre a Avaliación
Na segunda convocatoria, o alumnado poderá optar por un exame (100 % da cualificación) ou por unha avaliación continua: lectura e documento escrito sobre os textos propostos (40%) e dous traballos sobre problemas e cuestións derivados dos contidos do programa (60 %). O mesmo prevese para a convocatoria de decembro.
O alumnado con dispensa académica oficial será avaliado coas mesmas probas, criterios e porcentaxes que o alumnado presencial. Facilitaráselle o seguimento a través da plataforma Moovi.
O plaxio será penalizado. En caso de detectarse prácticas de plaxio invalidarase a proba de avaliación correspondente.
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000