É obrigatorio ter aprobado todas as materias do módulo común e todas as materias dun dos módulos de especialidade optativos para poder defender o TFM.
Para a elaboración do TFM recoméndase o uso dos diferentes recursos que ofrece a Biblioteca.
A copia ou plaxio total ou parcial no TFM suporá un cero no traballo. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá á alumna/o da súa responsabilidade neste aspecto.
A mera sospeita por parte da persoa docente de que o TFM se teña feito total ou parcialmente usando ferramentas de Intelixencia Artificial sen telo declarado será condición suficiente para anular a defensa do mesmo ata que a Comisión Académica do Mestrado tome unha decisión ao respecto.
|