Recoméndase encarecidamente a participación activa nas aulas, particularmente cando se traballa o comentario de textos e se debaten cuestións relacionadas coa teoría e os textos a analizar.
Recoméndase asimesmo non recorrer ao plaxio total ou parcial nos traballos e presentacións, xa que iso suporá a repetición ou non avaliación desas tarefas.
É recomendable tamén facer uso dos recursos da biblioteca universitaria, así como consultar os materiais e anuncios feitos a través da plataforma Moovi. |