Estudo da produción literaria anglófona dende a perspectiva de xénero. Trataráse de aspectos coma a política da escrita relacionada co xénero, o feminismo, a produción literaria feminina/feminista/de muller; o canon literario e a perspectiva de xénero; a crítica angloamericana e francesa e os estudos "queer". Introdución á literatura escrita por mulleres, estudo de persoaxes e contexto histórico. Reforzaráse a idoneidade desta materia para seren aplicados a tódolos periodos da historiografía literaria.