No caso de non asistencia ou asistencia claramente insuficiente (<50%) as sesións obrigatorias da materia, a cualificación final podría verse negativamente afectada. No caso de non asistencia dun alumno/a á sesión na que ten lugar a súa exposición oral avaliable, a nota final será de non presentado. No caso dunha cualificación de suspenso en 1ª edición de actas, o sistema de avaliación será exactamente o mesmo para a convocatoria de xullo, pero a/o alumno/a terá a oportunidade de elexir outra presentación oral (sempre dentro das lecturas obrigatorias) distinta á inicial. "A persoa docente poderá facer unha proba de avaliación alternativa a maiores das contempladas nesta guía en caso de que sospeite de que algún traballo (oral ou escrito) ou exame (oral ou escrito) se teña feito total ou parcialmente usando ferramentas de Intelixencia Artificial sen telo declarado. Neste sentido, dada a imposibilidade de probar a utilización da IA, a mera sospeita por parte da persoa docente será condición suficiente como para que a proba suxeita a xuízo se anule e se substitúa pola proba alternativa, que se realizará en data e hora establecida pola persoa docente." |