A docencia desta materia farase mediante e-learning.
En primeiro lugar, o alumnado verá unha serie de clases maxistrales en vídeo cos contidos
de cada un dos tres bloques do curso (facer un traballo de investigación en
adquisición de linguas, teoría da adquisición de linguas e ensino de linguas ).
Os vídeos inclúen una serie de exercicios sobre os contidos do curso que os
alumnos/as farán e entregarán a profesora nas datas que ela indicará. Estes exerciciós sobre cada un dos vídeos suporán
un 30% da nota final. Oa alumnos/as tamén realizarán unha serie de lecturas que
serán proporcionadas pola profesora e farán una serie de exercicios sobre
as mesmas que contarán un 30% da nota final..Fárase tamén un traballo final
a escoller entre varios temas sobre os contidos do curso que serán proporcionados
pola profesora. O alumnado escollerá un deses temas e fará un traballo escrito
coas indicación qua a profesora proporcionará, dunha extensión total de 1.600
palabras e sumará o 30% da nota final..As referencias no traballo deberán seguir
as normas APA 6th edition. O alumnado fará uns exercicios de resposta curta
baseados nos contido de cada un dos temas teóricos impartidos nos vídeos maxistrais,
que contarán un 10% da nota. A profesora poderá facer unha proba de avaliación oral alternativa
a maiores das contempladas nesta guía en caso de que sospeite de que algún
traballo (oral ou escrito) ou exame (oral ou escrito) se teña feito total ou
parcialmente usando ferramentas de Intelixencia Artificial sen telo declarado. Neste sentido, dada a imposibilidade de probar a utilización
da IA, a mera sospeita por parte da profesora será condición suficiente como
para que a proba suxeita a xuízo se anule e se substitúa polo exame oral alternativa,
que se realizará en data e hora establecida pola persoa docente.
Todos os exercicios
entregaranse o 15 de Maio.Non se aceptarán os traballos entregados fora deste prazo. Para os alumnos que, por motivos xustificados, non podian seguir ningunha destas
formas de avaliación, a avaliación farase mediante un exame final que constará
de preguntas de tipo teórico e exercicios prácticos similares aos feitos
durante o curso que contará coma o 100% da nota. As/Os que acudan a segunda
convocatoria das actas tamén se avaliarán mediante un exame oral.
---------------------------------------------------- |