Esta materia constitúe unha introdución aos procesos cognitivos no uso e procesamento lingüístico. O obxectivo principal é investigar como a mente humana almacena e emprega a lingua 'on-line' (en tempo real). A materia proporciona ao alumnado o coñecemento básico sobre a realidade cognitiva e psicolóxica da linguaxe e do xeito no que a mente fai uso (ou non) do coñecemento gramatical no emprego habitual da lingua.