O obxectivo do curso é familiarizar ao alumnado coa metodoloxía e as liñas mestras que guiaron a investigación na variación lingüística da lingua inglesa durante as últimas décadas, así como facilitar a adquisición das destrezas necesarias para poder analizar criticamente algunhas das súas aportacións desde as perspectivas teórica e práctica. Proporcionaranse as ferramentas metodolóxicas necesarias para identificar, analizar e interpretar casos concretos de variación e/ou cambio lingüístico na lingua inglesa nos distintos niveis de análise (fonolóxico, morfosintáctico, léxico-semántico e pragmático).