Este curso formará ao alumnado no estudo e na investigación da lingüística da lingua inglesa, e contribuirá a que o alumnado desenvolva competencias profesionais que serán de gran utilidade no seu futuro académico e no contexto da investigación.
Neste curso o alumnado adquirirá competencias intelectuais para identificar temas de investigación e para formular preguntas e hipóteses. O alumnado tamén adquirirá competencias prácticas para obter coñecemento base en temas de investigación e estudos lingüísticos. Entre as varias competencias transversais que se tratarán neste curso inclúense competencias na escrita académica e na comunicación oral, así como o uso de convencións formais na presentación de ensaios/traballos académicos e nas presentacións orais.