As prácticas en empresas constitúen unha actividad de natureza formativa realizada polo estudantado e supervisada polas universidades. O obxectivo é permitirlle ao estudantado aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na súa formación académica e favorecer a adquisición de competencias que o preparen para o exercicio de actividades profesionais, faciliten a súa empregabilidade e fomenten a súa capacidade de emprendemento.