MODALIDADES DE AVALIACIÓN MODALIDADE A: é a modalidade descrita arriba MODALIDAD B: Poden optar á modalidade B de avaliación aqueles estudantes que demostren adquirir experiencia como tradutores profesionais no ámbito da tradución multimedia. Os alumnos que cumpran os requisitos e así o desexen poderán solicitar á Comisión Académica a avaliación das prácticas en empresas baseada na súa experiencia profesional. Para solicitar esta modalidade deberán presentar os seguintes documentos: - Impreso de solicitude cuberto, segundo o modelo proposto pola coordinación dp máster e dispoñible en MOOVI. - Copia do contrato coa empresa ou institución onde se realizou a actividade profesional que se desexa validar ou, en caso de desenvolver a actividade profesional como autónomo, copia da vida laboral na que debe figurar a Tradución e Interpretación como actividade laboral. - Descrición das tarefas realizadas e informe de valoración da actividaderealizada asinado e co selo da empresa. De non presentarse este informe, a cualificación da materia será de Aprobado (5.0). CRITERIOS DE CÓMPUTO DE HORAS: Subtitulado: 1 hora de cinta: 10-11 horas de traballo; Subtitulado para xordos: 1 hora de cinta: 6-7 horas de trabajo; Dobraxe: 1 hora de cinta: 10-11 horas de traballo; Localización de videoxogos: tradución - 2000 palabras/xornada, revisión - 6000 palabras/xornada, testeo - 60 h.; Localización web/software: 2000 palabras/xornada; Voice-over: reality/documental xeral: 1/2 hora de material: 8 horas de traballo, reality/doc complejo: 1/2 hora de material: 16 horas de traballo. 60 horas de prácticas equivalen a 7-8 realities ou 4 documentais de 1/2 hora. * O cómputo de horas pode sufrir algunha variación se as circunstancias así o aconsellan, sempre co visto e prace do titor/a académico/a. No caso de que o alumnado non supere a materia, deberá realizar unha práctica institucional asignada polo coordinador/a do mestrado e supervisada por un dos docentes, que se encargará de avaliala. |